Doraemon na escaleira. Somos galegos? Depende…

La Voz de Galicia, El País, Público, 20 minutos… Os medios de comunicación reparten carimbos de identidade dependendo das circunstancias.

Se cadra tes escoitado aquilo de que non se sabe se o galego sube ou baixa da escaleira. É, evidentemente, outro estereotipo que se refire á suposta indecisión de todos os galegos e galegas. Porén, parece que haberá quen saiba situalo nun espazo ou noutro con maior facilidade que a que o referido dito presume.

businessmen-climbing-stairs-moving-down-and-helping-another-man-to-climb-XD6RAM

-Suben ou baixan os galegos na escaleira? -Si home, si…

Como xa vimos noutra entrada, os medios de comunicación desenvolven un papel central na construción das representacións sociais. Mais, ao tempo, funcionan como entes formadores de opinión e, deste xeito, poden tamén producir e/ou reproducir actitudes discriminatorias.

Mais, discriminación por que?

Sendo a ideoloxía un dos principais factores polos que encontramos comportamentos discriminatorios na sociedade cara determinados grupos humanos, o certo é que esta práctica pode depender doutros procesos como a influencia que fai o grupo social –que pode facer que algunhas persoas vexan como normais os comportamentos discriminatorios– ou mesmo a personalidade sumisa e imitativa dalgunhas persoas –que pode provocar que algunhas personas non dispoñan da suficiente capacidade crítica e se deixen guiar polo comportamento da masa–.

A discriminación, resumamos, pode logo ser estrutural, pode ser directa ou indirecta, étnica, política, relixiosa… e pode ser individual ou colectiva.

Tamén, e como xa vimos, esta discriminación pode agocharse baixo a resgardo do humor, concepto que serve de amplo paraugas baixo o que se abriga e protexe a identificación dun grupo ou colectivo social. Deste xeito, o riso, baixo a amparo do humor, nega a condición ideolóxica dos prexuízos.

Que aconte cos galegos? É bo, malo ou indiferente ser galego?

Para a socioloxía, o concepto de identidade remite para o sentimento de agrupamento dun colectivo, cultura ou individuo, na medida en que este é influenciado pola cultura do grupo ao que pertence.

A identidade galega é, como outras identidades nacionais, o concepto que sintetiza un conxunto de sentimentos que fan que o cidadán consiga sentirse parte integrante dunha sociedade concreta.

Chegados a este punto compre detérmonos para estabelecer a primeira das análises:

  • Ten representación a identidade galega?

  • A representación é positiva ou negativa?

  • Cambia se a formulación é interna (αὐτός) ou externa (ἕτερος)?

  • Estabelécese nos medios algunha dualidade perante outra representación?

A lectura consciente e activa da prensa escritasirva como exemplo desta entrada de hoxe– revela unha imaxe da pertenza galega diametralmente oposta á pertenza española.

Así, a mesma realidade, en diferentes ocasións, será retratada baixo o carimbo ‘español’ cando tiver valor de positividade. Pola contra, esa realidade referida, será destacada como ‘galega’ cando quixer ser marcada unha característica non positiva.

Vexamos algúns exemplos para comezar:

1)Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.45.32

2)

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.45.49

3)

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.46.02

O tratamento da identidade galega aparece, nestas tres ocasións, rerferido como pexorativo. Galego como sinónimo de raposeiro, ambiguo ou impreciso e mesmo pouco paixonal.

Emprégase un termo colectivo para designar un estereotipo concreto que é, polo que vemos, polisémico nas súas máis diferentes manifestacións.

Continuemos:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.46.14

Na mesma liña política, cando o ex-ministro de Fomento do PSOE José Blanco foi investigado por subvencións irregulares na coñecida como ‘Operación Campeón’, a prensa española comezou a destacar a súa orixe galega baixo o hipocorístico ‘Pepiño’. Na rede, como se ve na imaxe, comezaron a aparecer ‘memes‘ que pretendían destacar a súa procedencia galega a través o uso da boina.

Máis:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.47.05

Na imaxe superior encontramos o caso de Ana María Ríos, unha turista española detida en Cancún.

Nas hemerotecas encontramos o amplo apoio social e da prensa escrita perante unha suposta inxustiza pola que se pedía, consecuentemente, o seu retorno.

O caso cambiou en pouco tempo, cando a turista pasaba a realizar unha serie de fotografías de carácter erótico na xa desaparecida revista Interviú. Nese momento, a identidade significadora pasaba de española para galega.

‘De víctima a musa‘. Vexamos o novo tratamento da, agora, turista galega. Ollo tamén, no caso do xornal 20 minutos, ao tratamento patriarcal da información:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.47.20

Política e sociedade. Serán casos illados? Que acontece co deporte?

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.46.35

David Cal e Marcos Serrano, sirvan como exemplo, son retratados na prensa escrita como dous deportistas españois de éxito.

Porén, cando David Cal é acusado de estar nun estado de forma física que lle impedirá participar nos xogos de Río –segundo podemos ler no artigo– e cando Marcos Serrano é investigado por dopaxe, a identidade volve pasar de española para galega:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.46.49

Política, sociedade e deportes. E se for economía? Cambiará a identidade ou o galego será sempre galego?

Pois, novamente, depende. Se a noticia for construída en positivo, poderá ser español. Se a construción fose construída en negativo…

Case mellor, vexamos:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 10.47.33

Vese a prensa galega afectada pola representación da identidade? Vexamos un exemplo no coruñés “La voz de Galicia“:

Captura de pantalla 2018-10-06 a las 16.21.58.png

As mostras son, moi desafortunadamente, demasiadas e as hemerotecas poderán dar conta do que sinalamos.

Por hoxe, e por serviren apenas a modo de exemplos, pode chegar.

Lectura activa, análise e conciencia crítica. É o que a nós agora, nesta etapa, corresponde. Haberá mañá un futuro máis xusto, limpo de prexuízos e estereotipos, e será todo grazas a vós.

Seguiremos falando nas aulas.

 

Advertisements

Un comentario en “Doraemon na escaleira. Somos galegos? Depende…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s